miércoles, 25 de junio de 2008

melancolia


Ollo as veces a quietude do solpor
e sinto a quietude na miña alma...
sinto a chegada da calma...
cerca do meu corazon

Pero as veces, a quietude desaparece
...e enton...ruxe un furacán
de angurias e de medo
ensombréceseme o espíritu
tórnane a melancolía
...Semello unha árbore sen follas
...Semello un paxaro sen niño

Logo chega a noite coas estrelas
e volve a min a ledicia
abro a ventana da cociña
e soño....e penso noutros días

Na escuridade podo
sumerxirme enteira...
ser eu, de verdade
eu mesma...sen complexos

....quero vivir coa noite estrelada....
....quero sentir sempre esa quietude por min anhelada......

domingo, 15 de junio de 2008

O fio de Ariadna


Estou perdida no
laberinto..
e non atopo
o fio de Ariadna

Un enorme minotauro
persígueme
abáfame
faime ver imaxes distorsionadas

Tal vez so sexan as neuronas
que non dan interaccionado,
non teñen impulsos electricos
suficientes......
para crear estados
de tranquilidade....

so sei que cada vez me aislo mais...

as arbores non me deixan ver o bosque.....

viernes, 6 de junio de 2008

Pompas de xabón


Eu por soñar
soñaba,
a facer
pompas de xabón
azuis,brancas,amarelas
que subían
que baixaban
que voaban...
pompas de cores
etéreas
delicadas..
e mireime
nelas
e vin....
ali reflexada
a miña cara enrugada.....

e espertei.....

eu non podo xogar con pompas de xabon....
¡ eu non quero verme en espellos de cristal.....