jueves, 2 de diciembre de 2010

Cristais swarovski



Os cristais eswarovski,
da neve
pintan de branco
a paisaxe impoluta.


A neve
cubre de algodón
as polas núas
da figueira aterida



sábado, 27 de noviembre de 2010

Do outono


O vento leva as follas
do carballo aterido de friaxe

follas pintadas de cores
outonais......

viaxando entra bretemas
que tapan a paisaxe........

O vento zoa.....
por entre as tellas,
foxe o silenzo..........

martes, 23 de marzo de 2010

Conversas


Xa chegou a primavera...sabes Tula?...andiven mirando e atopei unhas flores preciosas,son para ti, Tula.Cando cheguei..pensei en por unha, acá, no meu recuncho particular....... ti non estas..e o Pancho ollábame tristeiro.
Non fun capaz de miralo...porque él sabe e non pode falar.....Que che fixeron???????

viernes, 19 de marzo de 2010

Tula


Estou esperando..
desesperada

Estou ollando
sen ver

Estou berrando
sen verbas xa....

Coas miñas bágoas
farei un río
de auga doce
e ti virás bañarte
cada día....

Tula ven!!!!!!!!!