viernes, 25 de abril de 2008

Un lugar marabilloso


Onte fixen unha viaxe a un lugar marabilloso, a aldea de Salgueiros, na Baixa Limia-Serra do xurés, unha aldea abandonada que a xunta está a restaurar para convertila nunha aula da natureza.
Quedei impresionada ante tanta beleza...un rio de augas cristalinas abrenos a porta e danos a benvida..logo estan as casas,unhas a carón das outras,testemuñas mudas dun tempo xa pasado, ergueitas ainda...nótanse que foron feitas por homes sabios que coñecían a linguaxe das pedras..meteste entre elas , cerras os ollos e escoitas mil e unha lendas ....parece que os antigos moradores aínda están aí....porque ti non sabes como puideron deixar un recuncho tan apacible, tan
fermoso.....a auga baixa por mil e un regatos...fontes pechadas con arcos de pedra nas que se ve nacer a auga...plantas que nunca vin...e sobre todo o silenzo..... o meu silenzo tamen estaba ali........

jueves, 24 de abril de 2008

Arumes


arumes de flores
enchen o aire.....o
as xestas blancas
bordan montañas
e vales....
lirios,carpazas,
uces coa súa
cor púrpura
poñen nota de
cor o lonxe....
...hoxe fun capaz de ulir....
...o aire esta cheo de arumes.....
...arrecende á primavera...

miércoles, 16 de abril de 2008

Recordos


A nena, o avó e a nai ian a pe a feira de Xinzo, era alá polo mes de xuño, os tres baixaban polo camiño da ponte...A nena ía contenta co seu vestido novo e os zapatos de charol, collida da man da súa nai...na outra levaba unha cestiña que lle trouxeran as súas tías de Alemaña o verán pasado..
O chegar a altura do Telleiro, estaba na porta do muíño o tío Delfin..o avó parouse a falar con él
a nena seguía collida da nai.
_ E,logo ,di o tio Delfin, ¿ ides a feira vender a rapaza?...
_Imos ,di o avo.....

A nena quedou calada ..so tiña cinco anos. O chegar cerca da Parediña a nena parou un intre e dixolle a nai.
_Mamá..¡... se me vendedes, vendeime a un home rico.!...
.....A nena so tiña cinco anos.....

lunes, 7 de abril de 2008

da tristura


Estabas aí
as túas polas
tocando o infinito...
xuntando ceo e terra
dunha soa vez

..sempre estiveches aí...!!!
o longo dos tempos
fuches testemuña queda
de mil e unha historias
de amor e desamor,
de primaveras e de invernos
..de farturas e de fames......

...Ti sempre estiveches aí.......!!!

Eras, unha arbore sabia
coa sabiduria que da
o estar anos ollando
a lonxitude da paisaxe
sen falar...sen sorrir
simplemente estando

.Agora xa non estas...!!!
os tempos chegaron para ti
....e para NOS.....

Tumbáronte cun canto de cisne
que non foron capaces de ouvir

ESTABAN XORDOS

Caiches lentamente
sen unha protesta
sen un lamento....

...Agora xa non podemos tocar o infinito.......!!!

viernes, 4 de abril de 2008



Non chores por haber perdido o sol,..pois as lagrimas non te deixaran ver as estrelas......isto dicia R. Tagore, xa fai unhas cantas lúas...As veces obsesionámonos con aquilo que non temos e xa non podemos ser felices...esa obsesión dominanos totalmente e non nos permite vivir.....
Di tamen outra persoa sabia que para ser feliz debemos sonreir,non ter rencor nen envidia....e algo moi complexo a felicidade...iso de sentirnos ben con nos mesmos...Penso que a felicidade dura un instante, un momentiño, .....e cando chega todo se deten, non hai espacionen tempo....temos que saborear ese momento e disfrutalo e...... non pedir nada mais......
.............¡ custa tanto atopar ese instante!......

E o tempo detivose
un instante...
todo era luz
todo era calma......
mesmo as pombas
detiveron
o seu voo...
....¿ acaso isto e a felicidade......?