lunes, 7 de abril de 2008

da tristura


Estabas aí
as túas polas
tocando o infinito...
xuntando ceo e terra
dunha soa vez

..sempre estiveches aí...!!!
o longo dos tempos
fuches testemuña queda
de mil e unha historias
de amor e desamor,
de primaveras e de invernos
..de farturas e de fames......

...Ti sempre estiveches aí.......!!!

Eras, unha arbore sabia
coa sabiduria que da
o estar anos ollando
a lonxitude da paisaxe
sen falar...sen sorrir
simplemente estando

.Agora xa non estas...!!!
os tempos chegaron para ti
....e para NOS.....

Tumbáronte cun canto de cisne
que non foron capaces de ouvir

ESTABAN XORDOS

Caiches lentamente
sen unha protesta
sen un lamento....

...Agora xa non podemos tocar o infinito.......!!!

1 comentario:

Anónimo dijo...

Cantas voces se apagan sen que poidan ser escoitadas!
Pero non por iso deixarán de berrar...

Un beixiño.