sábado, 27 de diciembre de 2008

siluetas de papel



siluetas de papel.
pedaleando..
caricaturas,xiran
feitas a presa
con lapis 2B.......

.xiran..- xiran
movense,
pasean,
rin,
falan,
miranse,


escoitanse....

siluetas de papel.....necesitanse.......

sábado, 20 de diciembre de 2008

branco sobre branco


A pintora esboza o que pode ser o seu último cadro......quere enchelo todo él dunla luz,da que ela carece,escápaselle das mans...esa luz que ela precisa para pintar vaina deixar inpresa na sua obra
branco sobre branco......siluetas desdibuxadas......amandose...un amor q xa non pode ser, q xa hai tempo...q o frio das palabras quedas,absorvéronnos.....non teñen que decirse.. perderon a luz...nunha noite sen lúa...nunha noite escura.....buscáronse e non se atoparon...seguían xuntos polo costume ou quizás porque tiña medo non atopar as sabas quentes.cando o seu corpo tiña o frío do inverno.........

Tristeza de amor......un xogo cruel

miércoles, 10 de diciembre de 2008

A nena


A nena,hoxe está leda ,leva unha cinta no pelo,a súa nai púxolla para sacar a foto,peinouna con moito aquel.....e tamen lle colocou o bolsiño branco que lle trouxeran as tías de Suíza cando viñeran polo Nadal....
A nena saca un sorriso e mira para camara..díxolle a súa nai que esa foto ianlla mandar a seu pai...que está lonxe mais alo do mar......
O que non sabe a nena aínda e que...... os seus olliños nunca coñecerán o seu pai.......

domingo, 7 de diciembre de 2008

Arumes de flores


De moitas cores
as flores
góstanme...
de papel,de plastico
debuxos de flores...
soños de flores
flores virtuais,flores reais
esbozos de flores
flores para amar ....
flores para regalar
os meus ollos cubertos de
flores...
o meu corpo
de flores cuberto
............................
flores que non son capaz de ulir
flores en blanco e negro
algun dia ....a mais sinxela
de todas deixarame o seu
arume......
algun dia serei capaz de ulir.....