martes, 29 de diciembre de 2009

sen verbas


Esquecéronseme as verbas.... fico muda dende

hai tempo....

só teño un mar
de bágoas infinito..dende
hai tempo....

afóganme...esnaquízanme
..dende hai tempo...

A miña verba só é bágoa.....

martes, 4 de agosto de 2009

do medo


medo os meus medos....
medo a pensar...
medo a escribir...
medo a falar.....

medo a vivir...
medo a soñar.....
medo a cada día...
medo a cada noite..

medo o Medo.......

sábado, 23 de mayo de 2009

falo no nome de todos eles


A lingua....a miña lingua
a lingua dos avos..
que xa non estan...

A lingua na que aprendin
a dicir nai..pai..quérote
bolboreta...paspallas..

A miña lingua desprestixiada
A miña lingua ultraxada.

No nome dos que non están
loitarei sen descanso
ata que os meus
folgos.....mo
permitan.....polos meus avos...por todolos antergos..que gardaron e coidaron o millor tesouro...

jueves, 5 de febrero de 2009

insomnio


Non podo durmir.....a noite faise longa, moi longa...
... miles de buitres callados van escondiendo sus alas....
os ollos estan cansos..pero non son quen de cerrarse
Teño medo cada día a chegada da noite.....
Teño medo a que xa non poida durmir máis...
Teño medo os meus eternos ..medos..
Teño medo desta eterna soedade...que me acompaña
noite e día...
Eu falo..eu contesto ...
Non hai ninguen....pregunto...


Jour après jour les jours..s,en vont.....

sábado, 24 de enero de 2009

de profundis


Xa non estás....fúcheste quedamente...en silenzo...aqui todos os que te querian verran polas esquinas rotos dunha dor incontrolable....tiveches unha vida larga..pero a eles paréclles tan curta ....enchias todo, co teu sorriso, co azul da túa mirada...e eles,..agora.. os teus....non se afán ,buscan o teu azul en todolos recunchos...pero aínda non sen quen de atopalo...eu véxeto neles, son tantos e en cada un deixaches a tua pegada...por iso eu sei que non te fuches de todo estas latexando en todos os que te queren.....e son tantos.....!