miércoles, 27 de febrero de 2008

A mame quere a nena



estes versos que non saen
son para ti meu ben.....
cariña morena
ollinos preciosos
cando sorris
todo se enche de cor
cando estas triste
triste estou, eu tamen
chegaches,case sen querer
e por querer,quérote tanto
que as veces doeme a alma
polo daño que che
fago... as veces....
meniña xeitosa....meniña bonita ...a mame quere a nena

viernes, 22 de febrero de 2008

do paso do tempo


realidade tanxible......
os anos pasan......
pasa un dia, pasa outro,
todo vai quedando atrás

recordos, sentimentos
xa non sei
onde estaran

todo é un fluir continuo
cal río
que vai o mar

e nos sen rumbo
camiñamos
sen parar......

todo é un fluir continuo
....¡a donde nos levará!....

jueves, 21 de febrero de 2008

da miña nenez


A miña infancia son recordos
de pingas que caen
na eira do avo

de quentarme no lume da
lareira
rodeada de agarimo
de xente, que xa non estan

A miña infancia son lembranzas
dun tempo e dun espazo
que queda lonxe
nun recuncho
da memoria

A miña infancia
son recordos
fermosos que
estan dentro de min
e que podo ollar
un pouco cada dia

..Na miña infancia fun.....feliz...

miércoles, 20 de febrero de 2008

miña nai miña naiciña...


Quero escribir para ti...as palabras mais fermosas este dia......escribir por exemplo...que a túa ausencia nótoa cada vez mais...dende que te perdiches na nebulosa da memoria...eu xa non volvin ser...non sabía CANTO TE QUERIA..pero sei que agora, que viaxas polas estrelas ,seras feliz..e estaras ollandonos a todos ,protexéndonos......
So quero que saibas que te boto de menos....que sinto non haberte abrazado mais...non terme acurrucadoo nos teus brazos......oh mama...QUEROTE TANTO

lunes, 18 de febrero de 2008

paseniñamente

Estou soa, como sempre, por moita xente que me arrodee,eu estou soa..seguramente son doutra galaxia..por iso,todos pasan o meu caron e non me miran....eu berro ,mais ninguen contesta..as miñas verbas perdense no silenzo infinitooooooo.
Ando paseniñamente,pasiño a pasiño, intentando atopar unha mirada na que mirarme, un sorriso no que sorrir..unha man na que agarrarme..algo que acabe por romper este monotono vaiven de angurias e inquedanzas.
Quero atopar o meu lugar en calquer recuncho, sentir que fago algo ben...romper as tebras do silenzo...abrir a fiestra e poder ver as estrelas...sei que estan ai..pero os meus ollos estan cheos de rocio..e non me deixan velas..........