sábado, 1 de marzo de 2008

limaiaé


Estou lendo o libro de poesias de Anton Riveiro Coello..Limaiaé..que penso convertir no meu libro de cabeceira...Nunca pensei que se poideran escribir palabras tan fermosas en galego.Os gravados son de Manuel Figueiras...recordanme os de Castelao...., o prólogo de Delfin Caseiro..Os tres convirten o libro nunha especie de obra de arte o que volves unha e outra vez porque non te cansas
de ver, ler,son tantas as sensacions q espertaron en min q quero deixar constancia aqui recollendo algunhas das q aparecen no prologo.
.."Troitas de prata e cereixas de púrpura abren a porta da casa da memoria.A labarada do lume sentado no chan quenta as palabras de mel dos avós, maxia e misterio que se fan fascinacion nos ollos remelados do neno ledo. Lume de nichas e cavacos que agarima sentido e mans enguruñadas. Aventura calada da supervivencia heroica, expresion de querenza da terra. Vida acompasada ao ritmo cosmico.........Bolboretas da luz presaxian carta de seres queridos que moran na distancia para remediar a morriña silenciada da ausencia que mancaa.....
...Que pequeniña me sinto ante tanta beleza....

1 comentario:

Delfín Caseiro dijo...

Parabéns por ese fermoso blogue.
Un saco de grazas polas palabras de gabanza para o libro "Limaié" no que teño a honra e a satisfacción de ter participado. Moito alento para seguires nesa apaixonante empresa. Un saúdo moi cordial.