domingo, 19 de enero de 2014

Poesía sen rima

Non borrarei
ni
ningún
dos
sentimentos
que bulen
na miña testa.

Aínda que non escoite
violas
cítaras
 ou violíns...

Aínda que
xa sexa
a dona
dos brancos cabelos.
.
Aínda que as enrugas
marquen
no meu rostro,
o reflexo
do paso do
tempo.

aínda que nesta poesía
non existan
pareados
nin cuartetos
Nin tan sequera
un pequeno
terceto encadeado....

Escribo
para min..
na noite silenciosa,
esta poesía sen rima.....

Escarabanando

O papel en branco
ten as palabras
agochadas…
é preciso
coller as lentes
en 3D
para atopalas
palabras rebrulidas
..
Hoxe é inverno
e ollo a escarabana
a través da porta
de cristal
feita de aluminio lacado..
Dicía miña nai:
Nena está escarabanando
e a min sabíame ese
nome...
Aínda me sabe,
a duzura..a sorriso, 
a pan de millo..

Aínda que a porta
de madeira...
xa non é
de madeira.
Aínda que as chancas
de madeira
xá non teñen

brasas que as quenten....

Eu sigo
vivindo no alén....
e sego
soñando
que escarabana..



sábado, 4 de enero de 2014

Da noite

Soña a noite.
Soña o silencio
da noite.
Soña a quietuude
da noite...

Lembra as noites
ao pé
da lareira
na casa
dos avós...

A nena daquela
non presentía
a noite
de invernía
que envolve o
día..

A nena daquela
non sabía...

jueves, 2 de enero de 2014

Fálame na miña língua

Fálame na
miña lingua...
senón
síntome extrana...
non  recoñezo
as palabras..
convértense
en nomes
que non din
que non ulen
que non saben..

Fálame na
miña lingua
senón
os soños
voarán,
xa non soarán
os violíns
que trae
a choiva
disfrazada
de gris marengo..

Fálame na
miña lingua
senón
as bolboretas
do frío
asentáranse
nas nosas vidas
e so se oirá
o silencio

Fálame na
miña lingua...

sábado, 28 de diciembre de 2013

Do vento

Do vento

Xa barrín
as follas
do carballo
aterido.
Daquela 
so
algunhas
veñen
e
van
danzan
levadas
polo vento
bícanse
sorrín
viaxan
cara 

liberdade....

domingo, 13 de enero de 2013

Do esquecemento

.....Desaparecen nomes
pouco a pouco
lentamente..

Necesito atrapalos
para pechalos
na caixa
da memoria

....Desaparecen as palabras
sen elas non son...


sábado, 1 de diciembre de 2012

Anphilocos

A auga
o lume,
a terra, 
o aire.

Anphilocos
agardando
por min..
a auga é
o meu elemento

So falta que
veña buscarme,
atoparnos e
fundirnos...

Eu son Anphilocos....

sábado, 17 de noviembre de 2012

Da sombra

Da sombra

Camiñando
entre o vento
mareiro.
Pensamentos

Camiñando
entre o soño
roubado.
Sombras

Camiñando
entre sombras
desdebuxadas.
Soños.

domingo, 15 de julio de 2012

Lúas no ceo

Os domingos
non se fixeron 
para ela...
Non viste de branco,
fóra fai frío,
hai moitas
lúas no ceo,
non deixan
saír o sol...
Hoxe tomou café italiano..
Hoxe é domingo.

jueves, 17 de mayo de 2012

A miña lingua

A miña lingua
sabe a pan morno
cocido
no forno de leña
A miña língua
sabe a amorodos
collidos
no prado da Veiguiña
A miña língua
ule a xestas brancas
nadas nos montes
das fadas....

martes, 17 de abril de 2012

Soedade

Ela está tan cansa....
Cústanlle as palabras...
E unha boneca rota.
Demasiadas derrotas.
Berros no seu silenzo...
Acurrúcase entre
sabas con aromas
a xasmín.....
Pero non ule.
Non ten voz...

Non entenden
as mensaxes.
So ven
o que queren ver.

Ela é unha boneca
Que nenguén aloumiña

miércoles, 29 de febrero de 2012

S.O.A

Os pétalos caíron
secáronse as follas
no silencio da tarde...
comezaron a viaxe
esnaquizándose
desfacéndose
e preguntáronme
......Ti sempre
         estás SOA...?

jueves, 29 de diciembre de 2011

Do frío

Lembraste
das candeas penduradas
nos tellados
de antano..?

Lémbrome do carambelo
das pucharcas
con sabores inventados.
Lémbrome do frío
nos beizos
vermelloazulados.

Lembraste de patinar
nese xeo vestido en gris marengo..?

sábado, 10 de diciembre de 2011

Poema inacabado

Illado
nun mar de nubes

un déjà vu
con outra mirada,
oteando ao lonxe
as outra vidas
que volven
unha e outra vez.....
para indicar
que todo se repite
ata o infinito....!!

lunes, 24 de octubre de 2011

Sonata de outono

Amarelos.
marróns
vermellos
laranxas
pinta o outono
a súa sonata
de cores....
e o vento
da chaira
lévaas e trainas


As cores do outono
tocan acordes
para min...





sábado, 8 de octubre de 2011

Arumes



E beberei nas

flores murchas

deste outono

que non chega.....


e ulirei arumes

de augas mansas

que algún día

serán escorrentías....