lunes, 18 de febrero de 2008

paseniñamente

Estou soa, como sempre, por moita xente que me arrodee,eu estou soa..seguramente son doutra galaxia..por iso,todos pasan o meu caron e non me miran....eu berro ,mais ninguen contesta..as miñas verbas perdense no silenzo infinitooooooo.
Ando paseniñamente,pasiño a pasiño, intentando atopar unha mirada na que mirarme, un sorriso no que sorrir..unha man na que agarrarme..algo que acabe por romper este monotono vaiven de angurias e inquedanzas.
Quero atopar o meu lugar en calquer recuncho, sentir que fago algo ben...romper as tebras do silenzo...abrir a fiestra e poder ver as estrelas...sei que estan ai..pero os meus ollos estan cheos de rocio..e non me deixan velas..........

1 comentario:

Casteleiro Traduções dijo...

Mamá sou eu!! Não sejas tão Rosaliana. Beijinhos