Eu por soñar
soñaba,
a facer
pompas de xabón
azuis,brancas,amarelas
que subían
que baixaban
que voaban...
pompas de cores
etéreas
delicadas..
e mireime
nelas
e vin....
ali reflexada
a miña cara enrugada.....
e espertei.....
eu non podo xogar con pompas de xabon....
¡ eu non quero verme en espellos de cristal.....
2 comentarios:
Rompamos os espellos!!!
E espertemos dentro dunha pompa de xabón...
Bicos
oxala todos poideramos o tempo parar, e volver a xogar cas pompas de xabón tan etereas como a propai vida
Publicar un comentario