sábado, 31 de mayo de 2008

cantigas de amigo


No niño novo do vento
hai unha pomba dourada,
meu amigo!
Quén poidera namorala!

Canta ao luar e ao mencer
en frauta de verde olivo.
Quén poidera namorala,
meu amigo!

Ten áers de frol recente,
cousas de recén casada,
meu amigo!
Quén poidera namorala!

Tamén ten sombra de sombra
e andar primeiro de río.
quén poidera namorala,
meu amigo!

CUNQUEIRO, Álvaro, Cantiga nova que se chama Riveira, en Obra en galego completa, Vigo, Ed. Galaxia, 1980.

Nos ultimos días na miña cabeza hai un bulebule...e ando todo o día a recordar cantigas de amigo de amor...deume por baixar esta mais moderna que canta Luis Emilio Batallan e que eu escoitaba fai moito tempo...xunto co meu namorado e ....que me encanta

martes, 20 de mayo de 2008

Lembrando o Ca pitan Trueno


O meu heroe da infancia foi ,sen dúbida, "O capitan Trueno"..iamos a Xinzo o meu avo e mais eu na
moto a comprar...antes de voltar para a casa eu pasaba por "unha libreria" que había na calle de San Roque era "un totum revolutum" porque alí habia de todo..pero para min era.. un lugar máxico...cheo de revistas e comics do.. Jabato e o Capitan Trueno..Compraba todos os que me deixaba o meu avó e viña tan feliz co meu tesouro para a casa que aínda agora temblo ó lembrarme
O chegar metíame na habitacion e o tempo detiñase podia estar con Goliat, Sigrid e o Capitan percorrendo o mundo na busqueda de mil e unha aventuras......tempo e tempo...lin todolos comics que chegaban as miñas mans ...sen cansarme.....quen poidera volver atrás
............Pero la vida ya te empuja
Como un aullido interminable
¡interminable!
..........Tendrás amigos..
tendrás amor,
pero tú siempre
acuérdate...
....... de lo que un día
yo escribí.......

jueves, 15 de mayo de 2008

Rosalía


Isto e para ti Rosalia

-Por ser muller.....
-Por filla de nai solteira....
-Por precursora
-Por acabar ca escuridade...alguns ainda viven nela
-Polo teu compromiso.....castellanos de castilla tratade ven os galegos......
...este vaise, aquel vaise ,e todos todos se van
..Galicia sen homes quedas, que te poidan traballar
-Polo teu existencialismo....En todo estás e ti es todo...pra min e en min mesma moras
....nin me abandonas nunca..sombra que sempre me asombras
-Polos que te lemos
-Polos que non te len
-Polos puristas que renegan de ti...
-Polos que temos un cravo cravado no corazón
-Por ser churimiqueira...eu tamén o son....
-Por que me peta e quero
e dame a gana
porque me sae da dentro
dunha tristura aceda
que me embarga

....Porque queiran ou non....moitas levamos unha Rosalia no corazon......

Rosalía

martes, 13 de mayo de 2008

O Pancho


O Pancho tiña un ollar tristeiro, eu chegaba a casa e non saía a esperarme, acongoxabame velo así, sen forzas...o andar coxeaba....parecía un velliño...eu non podía mirar para él porque me cortaba a vida...entraba correndo e pechaba a porta para non ver o seu sofrimento..
Fai uns días levamolo o veterinario e estivo ingresado...tiña moita febre....
Agora xa esta de volta e ainda que non e o de antes....xa ven onda min a sobarme..xa se pega a Tula ...xa come ..xa esta millor.....
....O Pancho e a Tula son os nosos cans...... viñeron de lonxe ..

martes, 6 de mayo de 2008

desacougo


custame escribir
ultimamente..
teño un desacougo
que me rompe,
corroeme
destrózame,
desfaime en cachiños....
abulia,deseesperacion...
....a nada...
sintome vacia
sen ilusións,
sen vida.....
ando cal pantasma
que non sabe
...si é ou non é...
aí esta o dilema....

viernes, 25 de abril de 2008

Un lugar marabilloso


Onte fixen unha viaxe a un lugar marabilloso, a aldea de Salgueiros, na Baixa Limia-Serra do xurés, unha aldea abandonada que a xunta está a restaurar para convertila nunha aula da natureza.
Quedei impresionada ante tanta beleza...un rio de augas cristalinas abrenos a porta e danos a benvida..logo estan as casas,unhas a carón das outras,testemuñas mudas dun tempo xa pasado, ergueitas ainda...nótanse que foron feitas por homes sabios que coñecían a linguaxe das pedras..meteste entre elas , cerras os ollos e escoitas mil e unha lendas ....parece que os antigos moradores aínda están aí....porque ti non sabes como puideron deixar un recuncho tan apacible, tan
fermoso.....a auga baixa por mil e un regatos...fontes pechadas con arcos de pedra nas que se ve nacer a auga...plantas que nunca vin...e sobre todo o silenzo..... o meu silenzo tamen estaba ali........

jueves, 24 de abril de 2008

Arumes


arumes de flores
enchen o aire.....o
as xestas blancas
bordan montañas
e vales....
lirios,carpazas,
uces coa súa
cor púrpura
poñen nota de
cor o lonxe....
...hoxe fun capaz de ulir....
...o aire esta cheo de arumes.....
...arrecende á primavera...

miércoles, 16 de abril de 2008

Recordos


A nena, o avó e a nai ian a pe a feira de Xinzo, era alá polo mes de xuño, os tres baixaban polo camiño da ponte...A nena ía contenta co seu vestido novo e os zapatos de charol, collida da man da súa nai...na outra levaba unha cestiña que lle trouxeran as súas tías de Alemaña o verán pasado..
O chegar a altura do Telleiro, estaba na porta do muíño o tío Delfin..o avó parouse a falar con él
a nena seguía collida da nai.
_ E,logo ,di o tio Delfin, ¿ ides a feira vender a rapaza?...
_Imos ,di o avo.....

A nena quedou calada ..so tiña cinco anos. O chegar cerca da Parediña a nena parou un intre e dixolle a nai.
_Mamá..¡... se me vendedes, vendeime a un home rico.!...
.....A nena so tiña cinco anos.....

lunes, 7 de abril de 2008

da tristura


Estabas aí
as túas polas
tocando o infinito...
xuntando ceo e terra
dunha soa vez

..sempre estiveches aí...!!!
o longo dos tempos
fuches testemuña queda
de mil e unha historias
de amor e desamor,
de primaveras e de invernos
..de farturas e de fames......

...Ti sempre estiveches aí.......!!!

Eras, unha arbore sabia
coa sabiduria que da
o estar anos ollando
a lonxitude da paisaxe
sen falar...sen sorrir
simplemente estando

.Agora xa non estas...!!!
os tempos chegaron para ti
....e para NOS.....

Tumbáronte cun canto de cisne
que non foron capaces de ouvir

ESTABAN XORDOS

Caiches lentamente
sen unha protesta
sen un lamento....

...Agora xa non podemos tocar o infinito.......!!!

viernes, 4 de abril de 2008



Non chores por haber perdido o sol,..pois as lagrimas non te deixaran ver as estrelas......isto dicia R. Tagore, xa fai unhas cantas lúas...As veces obsesionámonos con aquilo que non temos e xa non podemos ser felices...esa obsesión dominanos totalmente e non nos permite vivir.....
Di tamen outra persoa sabia que para ser feliz debemos sonreir,non ter rencor nen envidia....e algo moi complexo a felicidade...iso de sentirnos ben con nos mesmos...Penso que a felicidade dura un instante, un momentiño, .....e cando chega todo se deten, non hai espacionen tempo....temos que saborear ese momento e disfrutalo e...... non pedir nada mais......
.............¡ custa tanto atopar ese instante!......

E o tempo detivose
un instante...
todo era luz
todo era calma......
mesmo as pombas
detiveron
o seu voo...
....¿ acaso isto e a felicidade......?

miércoles, 26 de marzo de 2008

Do silenzo


O meu mundo
e o silenzo,
a miña vida
silenzo é´..
navego
todo o tempo
nun mar de silenzo...
quietude,paz
todo isto
é silenzo.....
¡...cantas verbas
atrapadas neste
meu silenzo...!

¡..cantas sensacions
atrapadas neste
meu silenzo....!

¡....gustame escoitar o silenzo....!

domingo, 23 de marzo de 2008

do intimo


Vou e veño
veño e vou
..non acougo..
ando por camiños
nos que non
se albisca o final...
O meu longo camiño
non sei
onde me levará...
so sei
que pronto
terei que parar...

...A miña alma
necesita descansar....

martes, 18 de marzo de 2008

Isto é para ti


Non deixarei que ninguen
me faga dano.....
Non deixarei que ningunha
verba,ningunha ollada
ningun recordo me faga dano....
Levo andado un longo camiño
cheo de pesadelos e
de angurias....
xa chegou o momento
de facer unha parada
ainda que me custe.....
...isto e para ti,meu pai....
...a quen non coñecin....

miércoles, 12 de marzo de 2008

ansiedade


Vivo nun mundo
de soños
alonxada da realidade
nun mar de memoria
asulagada
polo que pudo ser...
...e non foi...
Vivo chea de pesadelos
e inquedanzas
alonxada do mundo
e da esperanza
A ansiedade
atrápame,corroeme
sácame o sono
....non me deixa
respirar

viernes, 7 de marzo de 2008

olladas


ollo a través
da fiestra aberta
na parede de pedra
buscando a mirada
da xente
que non coñezo.......

ollo a través da pedra
mesma
tratando
de entender
verbas que non entendo,
eu que coñezo
o valor da palabra.....

ollo a través da auga
que bate na pedra

pero o seu runrun
......non me deixa
oir o silencio......

miércoles, 5 de marzo de 2008

Sigo con ..limaiaé


Sigo con este libro marabilloso, co seu prólogo, porque me supon unha volta a miña nenez......
......Trae o cuco unha nova primavera co seu canto tenue do atardecer. As tímidas rolas namoradas, que agardan para a crianza polas follas dos salgueiros de canas brandas......
O camiñar demorado do carro enfía historias de fantasticos tesouros soterradas en olas de barro,agachados en lugares innotos....
O mar de esmeralda, entre sobeados vaise volvendo dourado, ao tempo que os campos de patacas estenden cobertor de flores brancas.....
...Nas abas do monte alban, engalanado con manto malva e amarelo, que garda tesouros do alen...

este ano ....adiantouse para min tamen a primaver....

sábado, 1 de marzo de 2008

limaiaé


Estou lendo o libro de poesias de Anton Riveiro Coello..Limaiaé..que penso convertir no meu libro de cabeceira...Nunca pensei que se poideran escribir palabras tan fermosas en galego.Os gravados son de Manuel Figueiras...recordanme os de Castelao...., o prólogo de Delfin Caseiro..Os tres convirten o libro nunha especie de obra de arte o que volves unha e outra vez porque non te cansas
de ver, ler,son tantas as sensacions q espertaron en min q quero deixar constancia aqui recollendo algunhas das q aparecen no prologo.
.."Troitas de prata e cereixas de púrpura abren a porta da casa da memoria.A labarada do lume sentado no chan quenta as palabras de mel dos avós, maxia e misterio que se fan fascinacion nos ollos remelados do neno ledo. Lume de nichas e cavacos que agarima sentido e mans enguruñadas. Aventura calada da supervivencia heroica, expresion de querenza da terra. Vida acompasada ao ritmo cosmico.........Bolboretas da luz presaxian carta de seres queridos que moran na distancia para remediar a morriña silenciada da ausencia que mancaa.....
...Que pequeniña me sinto ante tanta beleza....

miércoles, 27 de febrero de 2008

A mame quere a nena



estes versos que non saen
son para ti meu ben.....
cariña morena
ollinos preciosos
cando sorris
todo se enche de cor
cando estas triste
triste estou, eu tamen
chegaches,case sen querer
e por querer,quérote tanto
que as veces doeme a alma
polo daño que che
fago... as veces....
meniña xeitosa....meniña bonita ...a mame quere a nena

viernes, 22 de febrero de 2008

do paso do tempo


realidade tanxible......
os anos pasan......
pasa un dia, pasa outro,
todo vai quedando atrás

recordos, sentimentos
xa non sei
onde estaran

todo é un fluir continuo
cal río
que vai o mar

e nos sen rumbo
camiñamos
sen parar......

todo é un fluir continuo
....¡a donde nos levará!....